A veciñanza da Pobra elabora pezas de cerámica da man de Raposiñas

21 Outubro 2024

As participantes nas clases de cerámica impartidas por Raposiñas xa teñen na casa as pezas elaboras polas súas propias mans. Esta é unha das actividades impulsadas pola Concellaría da Participación Veciñal da Pobra do Caramiñal ao abeiro do programa Feito coas túas mans para contribuír a revitalizar o rural, crear comunidade e potenciar a creatividade.

Floreiros, pratos, cuncas, bandexas e, incluso, un nacemento foron algúns dos obxectos ideados que recolleron na tarde do venres 18, tralo proceso de secado, se ben as leccións se desenvolveron aos mércores do mes de setembro no muíño da Ponte Barbanza. A concelleira da Promoción Económica, Amparo Cerecedo, desprazouse ao acto de entrega para comprobar os resultados e a percepción das asistentes.

Os obradoiros continúan con SonAgasallo para ensinar a traballa-la madeira, aos mércores do mes de outubro, no local de Santo Isidro, e a confección de xabóns virá da man de Flow de Meiga, aos mércores do mes de novembro, na Angustia.

As prazas xa están totalmente cubertas dende a presentación destas aulas no mes de abril.

Outros artigos

O alumnado do Tahume XI mellora novos espazos públicos de Ribeira

O Obradoiro de Emprego Tahume XI, impulsado polos Concellos de Ribeira e O Porto do Son, continúa avanzando con traballos en novos espazos nos dous termos territoriais da nosa comarca. No caso de Ribeira, o alumnado do certificado profesional de Actividades auxiliares...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

Cando existe unha emerxencia habitacional, todas as Administracións Públicas teñen que poñerse as pilas para garantir o Dereito á Vivenda, recoñecido na Constitución española así como en moito Tratados e Organismos Internacionais. Algúns nos preguntamos, actualmente,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.