A sede boirense de Amicos converteuse no escenario dunha película de medo

30 Outubro 2024

O remate de outubro trouxo unha das celebracións máis celebradas polos mozos e mozas de Amicos: o Samaín. Un ano máis, o Centro de Atención Integral da entidade en Boiro acolleu este mércores, 30 de outubro, unha mañá chea de sorpresas, música, e os traxes máis arrepiantes.

As e os integrantes da comunidade Amicos disfrazáronse de distinta temática, segundo os grupos que soen coincidir nas diversas actividades de libre elección, aos que se unen os cativos de Pekes. Este ano os temas xenéricos elixidos foron demos, pallasos, vampiros, momias, e o prato forte: os inspirados na película Pesadelo antes de Nadal.

A rapazada de Amicos, pola súa banda, decantouse por disfrazarse de lobos.

A festa contou tamén cun desfile polos corredores do centro, no que os distintos grupos executaron bailes ao son da música para mostrar mellor o seu traballo, que cristalizou nuns disfraces do máis elaborados.

Celebráronse tamén un concurso de cabazas e outro de disfraces.

Tralas actuacións o xurado, formado por cinco membros entre usuarios, familias e traballadores elixidos ao azar entre o público, escolleu ao grupo de Lobos como o gañador do premio ao mellor disfrace, mentres que o grupo Momias alzouse como o máis terrorífico e Pallasos como o que mello bailou. Pola súa banda, as/os Vampiros fixéronse co premio aos máis animados, e o grupo de Pesadelo antes de Nadal conseguiu o galardón á mellor caracterización. Os Demos fixéronse co premio á mellor coreografía.

Por outra banda, as cabazas gañadoras do concurso foron as elaboradas polos amicos e amicas Yasmina, Roberto e Domingo. Asemade, o equipo do centro tamén recibiu uns pequenos agasallos feitos no obradoiro de Olaría para agradecer todo o traballo que realizan no día a día e pola súa dedicación.

A diversión estendeuse ata a tarde, despois dunha comida do máis terrorífica, cunha serie de xogos temáticos e bailes de estilo libre.

Un traballo de creatividade

O espírito do Samaín instalouse en Amicos durante as semanas previas á súa celebración. As amicas e amicos non deixaron de botar man de toda a súa creatividade para crear as decoracións dos centros, tanto do Centro de Atención Integral de Boiro como do CEEPR de Oleiros (Ribeira), para deixalos coma se fosen cemiterios. Asemade, os distintos talleres adicáronse á confección dos disfraces e a coñecer a fondo da man dos técnicos e técnicas a orixe desta festa, que se remonta á celebración coa que os celtas celebraban o final do verán e lle daban a benvida ao inverno, para eles a época escura do ano en todos os sensos.

Outro dos puntos fortes foi a decoración de cabazas, que foron expostas no corredor principal do centro de Comoxo.

Concurso de decoración de portas terroríficas

Amicos tamén impulsa o concurso Samaín: Decoración de portas terroríficas. Nesta acción impulsada nas redes sociais da entidade, anímase a centros educativos, así como centros de día e ocupacionais, a que compartan as decoracións das súas portas ata o 30 de outubro.

As fotos compartiranse no Facebook de Amicos, onde se poderán votar as mellores do 1 ao 5 de novembro. Gañará aquela que máis me gusta reciba.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.