A ría de Muros e Noia segue pechada ao marisqueo por mor da toxina

19 Outubro 2024

A toxina obrigou a pechar a ría de Muros e Noia ao marisqueo só catro días despois de botar a andar a campaña.

Recibiron a nova o xoves ás 20:00 horas logo dunha boa xornada de traballo. Agora, os 7.500 quilos de berberecho que venderon ese día van ter que os recoller e destruír.

Ademais, están pendentes das contraanálises da ameixa xapónica para saber se teñen que desbotar tamén a cantidade recollida.

Para evitar máis perdas, reclámanlle a INTECMAR que faga máis probas, dúas horas antes de saír ao mar, para saber se os moluscos teñen toxina no momento da extracción.

A curto prazo, agardan que a vindeira semana haxa dúas análises negativas para poder saír traballar e recuperar algo a campaña.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.