A Praza de Abastos da Pobra abrirá este sábado 12 de outubro

10 Outubro 2024

No 12 de outubro é festivo nacional, se ben a praza de abastos da Pobra do Caramiñal manterá o seu horario de apertura habitual.

A concelleira da Promoción Económica, Amparo Cerecedo, explica que se tomou esta decisión consensuada cos praceiros e praceiras co obxectivo de favorecer que a cidadanía poida realizar as súas compras habituais de alimentación, xa que, en moitas profesións, os sábados non son días laborais ou ben a xornada é máis curta.

Os postos de peixe estarán xa operativos a partir das 08.30 horas, ao entrar xa o produto, mentres que o resto de comercios farán o propio a partir das 09.00 horas.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.