A Pobra do Caramiñal achega formación en robótica, deseño e impresión 3D durante o mes de novembro

24 Outubro 2024

O Concello da Pobra do Caramiñal prosegue este mes de novembro coa súa formación en competencias dixitais para a cidadanía. O vindeiro mes impartiranse un obradoiro de robótica e outro de deseño e impresión 3D. Con relación a estas dúas actividades, o concelleiro da Mocidade, Eloy Sobrido, explicou que “decidimos dar continuidade a esta serie de accións para seguir capacitando a veciñanza no uso das novas tecnoloxías”.

Así, dende o seu departamento optouse por “redimensionar a oferta respecto da que tivemos no mes de abril, por iso traemos agora a robótica”. Engadiu que “pretendemos así tamén dinamizar a Casa da Mocidade, que teña accións de natureza formativa, e para iso contamos cun moi bo equipamento como, por exemplo, as impresoras 3D; pero tamén queremos que esta instalación municipal se erixa como punto de encontro da xente nova, especialmente nesta tempada”.

Ámbolos dous obradoiros son de balde e desenvolveranse nos martes 5, 12, 19 e 26, na Casa da Mocidade. Robótica será das 16.00 ás 18.00 horas e versará sobre a programación de videoxogos en Scratch; electrónica e programación de compoñentes en S4A; e manexo e programación dun robot.

Doutra banda, Deseño e Impresión 3D será dende as 18.00 ata as 20.00 horas, tramo no cal farase unha introdución á impresión 3D, deseños en Tinkercad, instalación e uso do laminador Cura e impresión de pezas. Para a asistencia, requírese a inscrición previa obrigatoria a través do enderezo electrónico mocidade@apobra.gal ou do teléfono de contacto 981843281.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...