A Pobra conmemora o Día das Bibliotecas cun contacontos infantil

14 Outubro 2024

No 24 de outubro conmemórase o Día das Bibliotecas e, por tal efeméride, a Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal organiza un contacontos ao abeiro do programa Ler Conta Moito.

Paula Carballeira narrará Contos de sapos, bruxas e curuxas ao público familiar a partir de 4 anos. Trátase dunha readaptación de pequenas historias que sorprenderán ás persoas asistentes.

Esta sesión terá lugar no mércores 23, ás 18.00 horas, na Biblioteca Municipal Victoriano García Martí.

A concelleira da Cultura, Patricia Lojo, apunta que, con este tipo de accións, “queremos espertar entre as crianzas o hábito da lectura, o desfrute das historias e estimular a creatividade, ademais de incidir na importancia das bibliotecas como espazo de encontro arredor das letras e plataforma para a difusión de coñecementos”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.