A Pobra celebra os cogomelos e os bosques autóctonos cunhas novas Xornadas Micolóxicas (as oitavas)

21 Outubro 2024

O Concello da Pobra do Caramiñal vai afondar no mundo dos cogomelos coa oitava edición das súas Xornadas Micolóxicas. Durante a presentación desta axenda, celebrada este luns 21 de outubro o concelleiro do Medio Ambiente, Xosé Lois Piñeiro, xunto coa técnica municipal desta área, Beatriz González, manifestou que “dáselle continuidade a unha programación focalizada no outono para coñecer máis sobre os fungos” e “este ano poñemos especial énfase nas súas propiedades na gastronomía, dando continuidade ademais ao formato doutros anos, con varias accións para lle achegar á rapazada esta rama da bioloxía e inculcar entre o resto da cidadanía o aproveitamento deste recurso natural”. O edil tamén incidiu na importancia de recuperar os bosques autóctonos, por ser onde máis agroman os cogomelos.

Segundo informaron, as imaxes galardoadas nas convocatorias previas do concurso fotográfico de micoloxía xa están expostas nos CEP Salustiano Rey Eiras e CEP Pilar Maestú Sierra, instalacións onde ficarán ata finais do mes de novembro. O prazo de participación no certame deste ano pecha no 27 de outubro, ás 23.59 horas. Repartirá 750 euros en premios baixo o formato de vales de compra para trocar no comercio local.

Outra actividade orientada á comunidade educativa é o obradoiro micófilo que se impartirá no dito colexio de Bandaseca, no mércores 6, e no de Cadreche, no xoves 7.

Xa dirixida ao público xeral, María Cabaleiro, de MycoGalicia Plantae, disertará sobre Cogomelos: gastronomía e nutracéutica, no venres 8, ás 20.30 horas, no auditorio da biblioteca municipal.

Haberá tamén un obradoiro familiar de inoculación de shiitake a cargo do micólogo Miguel Tembra. Será no sábado 9, ás 17.00 horas, no centro sociocultural do Vilariño. Está pensado para rapazada ata 12 anos, que deberá acudir acompañada dunha persoa adulta.

E o domingo 10 concentrará o groso das propostas para despedir esta oitava edición das xornadas. Tocará saír ao monte e o traslado efectuarase en vehículos particulares, co punto de encontro nas inmediacións do mercado municipal, ás 10.00 horas. E, despois, a atención desprazarase á praza de abastos coa exposición de cogomelos e a entrega dos premios do VIII Concurso Fotográfico de Micoloxía, ás 13.00 horas, para asistir posteriormente á degustación gastronómica da man de Luis Arijón, xefe de cociña do restaurante Nojira, ás 14.00 horas, con preferencia das persoas participantes na excursión.

Tódalas propostas son de balde e unicamente requiren a inscrición previa o obradoiro familiar, a saída ao campo e a degustación gastronómica a través do enderezo electrónico apobra.micoloxia@gmail.com.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.