A Pobra activa un obradoiro de conciliación coincidindo co Samaín e o Día do Ensino

22 Outubro 2024

O vindeiro 31 de outubro conmemórase o Día do Ensino e tamén se festexa o Samaín. Por ser “un día non lectivo para a comunidade educativa”, a Concellaría da Igualdade da Pobra do Caramiñal bota a andar un obradoiro de conciliación para favorecer a compatibilización da vida persoal e laboral das familias. Esta actividade transcorrerá no CEP Salustiano Rey Eiras, no horario das 09.00 ás 14.00 horas. O importe establécese nos 5 euros por crianza. Tamén se ofrecen os servizos de Madruga e de Comedor.

A data límite de inscrición é o día 29 de outubro. O trámite formalizarase entregando debidamente cuberto o documento pertinente a través da sede electrónica municipal, no rexistro do Concello ou no Departamento da Igualdade, situado fronte á casa do concello, co teléfono de contacto 981832764, extensión 6, e co enderezo electrónico igualdade@apobra.gal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.