A meteoroloxía adversa deixa máis de 150 incidencias na fin de semana

06 Outubro 2024

Entre as 00 horas do sábado e as 15 horas do domingo, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias rexistrou un total de 156 incidentes, ningún deles de consideración.

Como é habitual nestes episodios de meteoroloxía adversa, as árbores e pólas nas estradas convertéronse nas incidencias máis xestionadas no 112 Galicia (70). A continuación, atópanse os restos de accidentes ou terra e pedra nas estradas (23) e os traballos dos servizos de emerxencias para evitar riscos maiores, coma o saneamento de fachadas (17). Os anegamentos en estradas (7), vivendas (3) e en garaxes ou rúas (1) tamén estiveron presentes durante a fin de semana.

En canto ás provincias, Pontevedra (60) e A Coruña (59) foron as máis afectadas, seguidas de Lugo e Ourense, con 25 e 12 respectivamente.

Por último, os Concellos que rexistraron máis casos foron Vigo (13), Santiago (12), Ponteareas (7), A Estrada (6), e Carballedo, Lugo e Outes, con 4.

Convén lembrar que o plan Inungal de vixilancia dos ríos galegos continúa activo a estas horas en previsión de posibles desbordamentos puntuais.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...