A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Barbanza presentou a súa actividade para o novo curso

24 Outubro 2024

A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Barbanza (CRMH) presentou hoxe os traballos presentes e futuros nos que está inmersa.

Entre os asuntos máis importantes abordados, destaca a intención da CRMH de celebrar unha xuntanza cos distintos grupos políticos de Ribeira para abordar a retirada da rúa en honra a Miguel Rodríguez Bautista, en cumprimento da lei de memoria democrática. Ademais, a Comisión informou de contactos co arcebispado de Santiago de Compostela para a eliminación da simboloxía franquista presente nalgúns lugares de culto cristián da bisbarra.

Xan Hermida analizou os avances na investigación da escavación no atrio da igrexa de Vliacova (Lousame) e informou das pesquisas para a identificación dos restos dun home entre 30 e 40 anos, que podería ser Perfecto Vilas Romero. Pola súa parte, Carlos Cimadevila ofreceu detalles sobre o I Certame Escolar sobre Memoria Histórica, destinado a mozos e mozas da bisbarra, que poderán participar con proxectos escritos, audiovisuais ou plásticos sobre a memoria democrática.

Outras actividades destacadas inclúen a instalación dunha escultura no campo de concentración de Rianxo en honra ás “madriñas” que atenderon aos presos republicanos, a publicación do caderniño “Memoria Histórica na Literatura Infantil e Xuvenil en Galego” escrito por Pilar Sampedro, e os proxectos para o acondicionamento do entorno do monumento “As voces silenciadas do Confurco”.

Finalmente, a Comisión anunciou que ao longo deste novo curso presentaranse os resultados do traballo realizado por Rocío Lojo Yáñez, estudante de Socioloxía da UDC, cuxo TFG versa sobre a memoria democrática en Boiro.

Carlos Cimadevila, presidente da CRMH, Néstor Sieira, secretario, e Xan Hermida, integrante da xunta directiva, foron os encargados de expoñer as distintas cuestións.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.