A artista madrileña Raquel Rey exporá Reflejos del Alma na súa terra de adopción: Rianxo

01 Outubro 2024

Este sábado 05 de outubro, ás 11.00 h, inaugúrase en Rianxo a exposición de pintura Reflejos del Alma, da artista Raquel Rey. A mostra poderá visitarse do 05 de outubro ao 02 de novembro, na sala de exposicións do Centro Sociocultural do Auditorio de Rianxo.

Raquel Rey é unha artista madrileña autodidacta e independente nada no barrio de Tetuán, que logo de iniciar a súa carreira artística sen apenas formación específica decidiu cursar un master en terapias creativas a través da arte, “observando o efecto terapéutico sobre min nas diferentes etapas da miña vida persoal”, sinala na súa biografía, engadindo que leva aproximadamente 15 anos vindo a Rianxo polo verán para instalarse definitivamente no concello a finais de 2023, dando continuidade dende a súa terra de adopción ao seu proxecto artístico. Unha das liñas nas que traballa (e que prolongou en Rianxo) é un proxecto de expresións e xestos faciais. A artista explica que Reflections of the Soul nace deste interese polos trazos humanos e, tamén, “dun traballo a través da introspección como proxecto profesional, logrando promover unha maior autoconciencia a través da arte como terapia”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.