Este venres agárdase algún banco de néboa illado en zonas de interior, que darán paso a ceos que irán quedando progresivamente despexados, con algunhas nubes no extremo norte. As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso, mentres que as máximas continuarán sen cambios ou con lixeiros ascensos chegando ós 26- 28 graos. Os ventos soprarán do nordés, frouxos con intervalos de moderado, fortes no litoral noroeste.

Vento do nordés á mañá e á noite e do norte á tarde, forza 3 a 5 á mañá e á tarde e 3 a 4 á noite. Forte marusía á mañá e á tarde e marusía á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do norte, con ondas de 1 a 2 metros.
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)
- Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
- Praia de Balieiros directo- Corrubedo
- Praia da Ladeira directo- Corrubedo
- Praia das Furnas directo. Porto do Son
- Praia Aguieira directo.Porto do Son
- Portosín. Porto do Son
- Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
- Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
- Centro Náutico do Freixo
- Praia de Carnota
- Praia de Corón Vilanova de Arousa
- O Grove



