Unha muller tivo que ser excarcerada tras saírse da vía co seu coche en Catoira

30 Setembro 2024

O aviso deste accidente chegou ao 112 Galicia a través do sistema aviso automático de emerxencia do teléfono móbil da implicada, o E-Call, dez minutos antes das 16 horas. Así, esta puido contactar cos xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias e explicar que acababa de saírse da vía e que era incapaz de saír do coche.

Pouco despois era un particular o que achegaba información sobre este mesmo suceso, rexistrado no quilómetro 6 da PO-548, á altura da parroquia de Oeste. Este alertador sinalou que o vehículo quedou envorcado na beiravía e que saían lapas do motor.

De inmediato, desde a sala de operacións do 112 Galicia solicitouse a colaboración de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros do Salnés, do GES de Padrón, da Garda Civil de Tráfico, dos voluntarios de Protección Civil de Catoira e dos servizos de mantemento da estrada.

Os equipos de emerxencias colaboraron para excarcerar á única ocupante do coche accidentado, que foi evacuada en ambulancia ao centro hospitalario de referencia.

Esta tarde o equipo de garda foi mobilizado polo CIAE 112 por un accidente de tráfico con atrapados no Concello de Catoira xunto con Bombeiros Salnes, 061, Garda Civil de Tráfico e PC Catoira. GES PAdrón

Outros artigos

Este xoves 1 será unha xornada máis solleira e con vento do nordés

Comeza outubro baixo o dominio das altas presións, o que propiciará unha xornada de progresiva estabilización meteorolóxica e ausencia xeral de precipitacións. O día comezará con bancos de néboa e nubes baixas en diversos puntos do interior. Co avance da mañá esa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

Despunta el otoño sobre la ría de Arousa con una claridad de plata vieja y salitre, mudando los pinares de la isla de A Toxa en un mirador de sosiego donde la Galicia más atlántica y liberal renueva su vocación de encuentro. En este umbral de octubre, cuando la brisa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.