Unha muller foi trasladada ao intoxicarse con fume nun incendio en Porto do Son

08 Setembro 2024

Foi a única persoa afectada. Arredor das 10:30 horas desta mañá, o 112 Galicia recibiu o aviso dun particular por un incendio na rúa do Outeiro Baixo, na parroquia de Noal. Segundo indicou o alertador, estaba a arder un garaxe, situado a carón dunha casa, con leña e varios bens no seu interior e sen que houbese afectados polo momento.

Decontado, os xestores do 112 Galicia informaron aos Bombeiros de Boiro, ao GES de Noia, á Policía Local, á Garda Civil e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Porto do Son.

Xa desde a zona, os servizos de emerxencias indicaron que o lume fora apagado polos veciños do lugar facendo uso dunha mangueira. Chegou a arder unha cociña que había no garaxe, ao igual que uns estantes.

Ademais, os axentes da Policía Local sinalaron que unha persoa vírase afectada ao inhalar fume do incendio, polo que desde o 112 Galicia pasouse ao aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que trasladaron á persoa ata o Centro de Saúde de Noia.

Outros artigos

Este xoves 1 será unha xornada máis solleira e con vento do nordés

Comeza outubro baixo o dominio das altas presións, o que propiciará unha xornada de progresiva estabilización meteorolóxica e ausencia xeral de precipitacións. O día comezará con bancos de néboa e nubes baixas en diversos puntos do interior. Co avance da mañá esa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

Despunta el otoño sobre la ría de Arousa con una claridad de plata vieja y salitre, mudando los pinares de la isla de A Toxa en un mirador de sosiego donde la Galicia más atlántica y liberal renueva su vocación de encuentro. En este umbral de octubre, cuando la brisa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.