
O accidente tivo lugar no quilómetro 84 da N-550.
Dez minutos antes de cumprirse as 18:00 horas, o 112 Galicia recibiu a chamada dun particular que informaba deste accidente. Tamén recibiron aviso as urxencias sanitarias, que indicaron que ían mobilizar unha ambulancia ao haber posibles feridos.
Ademais, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia tamén se puxeron os feitos en coñecemento do GES de Padrón, da Policía Local e da Garda Civil de Tráfico.
Logo de que se confirmase que eran un total de tres vehículos implicados, os membros do GES indicaron que había varios feridos de carácter leve, aínda que finalmente o persoal sanitario trasladou a un deles ata o hospital de referencia.



