Boiro distingue o labor solidario de Amicos, Carlos Mora, Elisabeth Caballero, a FAXPG, Manuel García Santos o Fondo Galego de Cooperación

06 Setembro 2024

A terceira edición do Distintivo Benestar Social do Concello de Boiro recoñece a persoas, entidades e
empresas pola súa aportación á sociedade boirense

O Pazo de Goiáns acolleu esta tarde a terceira edición do Distintivo Benestar Social do Concello de Boiro, unha iniciativa que ten como finalidade recoñecer e promover a labor social e de voluntariado no municipio. O acto estivo presentado por Miryam, Martin, Tiziano, Ana e Irimia polo grupo de voluntariado Turbina que, durante o ano, leva a cabo diversas actividades e accións de voluntariado.

O Distintivo Benestar Social é un acto de recoñecemento público a persoas, empresas e entidades pola súa aportación desinteresada e moi necesaria en beneficio da sociedade. Entréganse un total de seis galardóns a Inclusión, Entidade Social, Sector Empresarial, Méritos Extraordinarios, Superación e Exemplo e Voluntariado.

A cita comezou coa intervención do concelleiro de Política Social do Concello de Boiro e a proxección dun vídeo que puxo en valor a rede de benestar coa que conta Boiro, composta por entidades, empresas e
asociacións. O concelleiro fixo entrega do distintivo de Inclusión á Federación Galega de Persoas Xordas e que recolleu o seu vicepresidente.

Participou no acto a deputada de Servizos Sociais da Deputación da Coruña, Mar García, que fixo entrega do premio á Asociación Amicos en recoñecemento dos anos de traballo no eido da discapacidade e a súa gran aposta pola concienciación ambiental.

Pola súa banda, o director xeral de Inclusión Social da Xunta de Galicia, Arturo Parrado, concedeu o distintivo Entidade Empresarial a Elisabeth Caballero, avogada que presta servizo xurídico a familias e estranxeiros e pola súa colaboración con entidades sociais.

O distintivo Méritos Extraordinarios, que busca dar visibilidade ao traballo constante que persoas e entidades realizan de forma desinteresada en beneficio da sociedade, foi dar este ano ao Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Recolleu o premio o seu presidente, Juan González, da man da galardoada no ano 2023, Lupe Tubío.

Os presentadores do acto, o grupo Turbina, concederon o distintivo á Superación e ao Exemplo a Carlos Mora Eiras en recoñecemento á súa capacidade de superación e de exemplo para a sociedade, demostrando que non existen barreiras nin límites.

O sexto dos galardóns foi o distintivo de Voluntariado, que nesta ocasión se lle entregou a Manuel García Santos, voluntario da Cruz Vermella de Boiro, polo seu labor desinteresado na vida social boirense, especialmente pola súa colaboración cos centros de ensino e a súa aposta no eido da formación e coordinación doutros voluntarios. Fixo entrega do distintivo o tenente de alcalde, Luís Ruiz, que pechou o acto do Distintivo Benestar Social do Concello de Boiro.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...