O Concello de Rianxo, a través da área municipal de Cultura, compartiu a axenda de actividades desta recta final de setembro, sumando tamén as propostas das asociacións e entidades que teñen base no concello. haberá teatro, festas tradicionais (no Araño: Hórreo Vivo) e festas relixiosas (a Festa das Dores de Rianxo). O Concello tamén informou do comezo das actividades formativas e dinamizadoras das Aulas Socioculturais e Ocio Educativo.
VENRES 27 DE SETEMBRO
21:00 h. Sala Arcos Moldes do Auditorio (Rianxo). TEATRO Preestrea da obra Cortello de amor a cargo da compañía AMORODIO TEATRO, creada en residencia escénica no Auditorio de Rianxo.
PÚBLICO: maiores de 12 anos. ENTRADAS: de balde ata completar capacidade, retirada de convites dende unha hora antes do comezo da función na billeteira do Auditorio.

SÁBADO 28 DE SETEMBRO
20:30 h. Sala Arcos Moldes do Auditorio (Rianxo). TEATRO Representación das pezas Fracturas e Ergue O CU creadas ao abeiro do Proxecto ENTRE PALAV·BRAS coproducida polo CDG e ButacaZero
ENTRADAS: de balde ata completar capacidade, retirada de convites dende unha hora antes do comezo da función na billeteira do Auditorio.

VENRES 27 E SÁBADO 28 DE SETEMBRO – IV EDICIÓN do HÓRREO VIVO
No entorno da Carballeira e do Hórreo – O Araño
A cuarta edición de Hórreo Vivo, en Araño, inclúe actividades dirixidas a todas as idades. Comezarán na tarde do venres 27 e terá continuidade ao longo do sábado 28. Música, Teatro, Circo, Visitas guiadas, Degustacións, Monólogos, obradoiros, etc …. Organizan a Asoc. Cultural Carballeira de Baia e a Asoc de Veciños do Araño.

DOMINGO 29 SE SETEMBRO
Festa das Dores de Rianxo No marco da programación organizada pola Asoc. Irmandade da Paixón de Cristo, e ademais dos actos litúrxicos e procesión, terá lugar ás 13:00 h na Praciña un Concerto da Banda da Escola de Música de Rianxo.

AULAS SOCIOCULTURAIS E OCIO EDUCATIVO – (Outubro a Xaneiro)
A Área de Cultura, ven de poñer en marcha unha nova edición do programa de Aulas Socioculturais e Ocio Educativo, unha proposta de animación sociocultural, difusión da cultura popular e educación de adultos, coa finalidade de promover e potenciar o desenvolvemento individual e colectivo da veciñanza adulta rianxeira a través da acción cultural socioeducativa, así como de ofrecerlles espazos de ocio creativo e contribuir a mellorar as súas competencias e habilidades persoais e socias.
As aulas ofertadas son Artesanías Creativas, Canto, Escrita Creativa e Gravado.
Prazo de inscrición: Do 23 de setembro ás 14:00 horas do 2 de outubro. // Formularios de inscrición: PINCHAR AQUÍ // Admisións: Cumprindo os requisitos de cada aula, por rigorosa orde de inscrición. // Custo da matrícula: 50 €/aula. A participación farase efectiva unha vez entregada a documentación do abono nas oficinas da Área de Educación e Cultura.




