Santiago inviste, nos meses de xullo e agosto,case 186.000 euros en obras de mantemento e mellora de centros educativos

07 Setembro 2024

O Concello de Santiago reforza o seu compromiso coa seguranza e a accesibilidade en centros educativos e parques infantís investindo case 186.000 euros este verán para levar a cabo diversas actuacións de mantemento e mellora.
Así, o Concello de Santiago continúa reafirmando e actuando en prol da mellora das infraestruturas educativas. Este verán leváronse a cabo actuacións en máis de 20 centros, entre as que se atopan labores de pintado, reposición ou substitución de elementos chave, obras para a mellora da accesibilidade, arranxos e reparacións de estruturas, cambio ou renovación de sistemas eléctricos e de fontanería, instalacións…
Entre os centros intervidos atopánse o EIM Conxo, o EIM Fontiñas, o EIM Meixonfrío – Salgueiriños, o EEI Tambre, o EEI Trasparlamento, o EEI San Roque, o ER Bispo Teodomiro, o ER do Gaioso – Eixo, o ER do Rial Araño, o CEIP Apóstolo Santiago, o CEIP Arquitecto Casas Novoa, o CEIP Cardenal Quiroga Palacios, o CEIP Fontiñas, o CEIP Lamas de Abade, o CEIP López Ferreiro, o CEIP Mestre Rodríguez Xixirei, o CEIP Monte dos Postes, o CEIP Pío XII, o CEIP Raíña Fabiola, o CEIP Ramón Cabanillas, o CEIP Roxos de Villestro, o CEIP de Vite; e fixéronse actuacións en diversos parques infantís.
As obras de mantemento e mellora foron deseñadas para garantir entornos de aprendizaxe seguros, modernos e axeitados para a mocidade e persoal educativo. As obras foron coidadosamente planificadas e executadas durante o período estival para minimizar o impacto na vida escolar e disporán dun seguimento durante o curso.
Durante o período lectivo, realizaranse novas obras en centros educativos. Entre elas, as máis inmediatas son o acondicionamento das parcelas próximas aos colexios Ramón Cabanillas e Quiroga Palacios para facilitar o aparcamento.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Radio” – Xulio Xiz

“Radio” – Xulio Xiz

Ter vivido dezasete anos en Radio Popular e dous na Radio Galega, convertéronme en home de radio por riba doutros medios que, se todos imprimen carácter, a radio ten tal personalidade, atractivo, engado, que quen a veza nunca a pode deixa, Nos meus tempos de TVL...

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

Cada vez voume atopando con máis xente que me conta que fixo a escolla de deixarde ler ou de ver noticias. Que buscan emisoras onde haxa só música, ou que evitantelexornais e tertulias de actualidade. Non son persoas desentendidas do mundo. Dinque non poden soportar...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.