O Pleno da Corporación do Concello de Rianxo aprobou a semana pasada, por unanimidade, a relación de proxectos cos que a Administración local participará na segunda fase do Plan de Obras e Servizos (POS+2024) da Deputación da Coruña.
Os 553.491,58€ que lle corresponden ao Concello de Rianxo distribuiranse do seguinte xeito:
-Dotación de redes de abastecemento e saneamento no lugar de Vilas (Asados) (Fase 2) – 194.386,50€.
-Rehabilitación e cambio de uso dos baixos antigas vivendas dos mestres – 273.970,10€
-Reservase a diferenza para, fundamentalmente, ao mantemento da rede viaria de titularidade municipal en diferente núcleos – 85.134,98€.
Na primeira fase abordouse unha ampliación das redes de abastecemento e saneamento no lugar de Villanustre (Asados) para dar servizo a 12 vivendas, a conexión de rede de abastecemento de auga entre Corques e Outeiro (Taragoña) ou a mellora da iluminación en dúas terceiras partes do paseo marítimo.




