Os bombeiros do parque Provincial de Boiro interviñeron ao redor das 17:30 de onte, martes 11 de setembro, na retirada dun cable de telefonía que caeu sobre a estrada no lugar de O Cobo, no concello de Boiro.
A caída ocasionou que a estrada quedara bloqueada, o que provocaba que non puideran pasar os vehículos.
Os bombeiros procederon á retirada do cable para poder liberar o paso e á notificación do incidente á empresa mantedora correspondente.
No operativo tamén participou a Policía Local de Boito e o SMPC de Boiro.




