Rematada en Aguiño a nova ponte sobre o río Listres

11 Setembro 2024


O Concello de Ribeira prosegue realizando tarefas de mantemento e adecuación de servizos veciñanza. Esta semana remataron dúas actuacións programadas na parroquia de Aguiño, unha foi o remate da ponte do río Listres e a segunda foi a nova localización da parada de autobuses.

O concelleiro de Obras, Xabier Vidal sinalou que a ponte do río Listres “era unha ponte que levaba anos sen mantemento e estaba moi deteriorada, polo cal decidimos facer unha actuación estrutural e integral consistente nunha base de bigas de formigón para facer a estrutura máis sólida e simplificar o mantemento”.

Segundo o concelleiro, a ponte fíxose en madeira para integrala na contorna e tamén informou que “seguimos mellorando o mantemento tanto no centro de Ribeira como nas parroquias a través da brigada municipal e agradecemos o seu traballo e dedicación así como a comprensión da veciñanza”.

Pola outra banda Fernando Abraldes informou que tal e como estaba previsto para o comezo do novo curso lectivo, recolocouse a parada de autobús a un novo espazo estratéxico para a comodidade da veciñanza de Aguiño por mor do novo estado de peonil da anterior.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...