Presentado o “XXIX Outono Teatral” de Outes

03 Setembro 2024

O concello de Outes presenta a 29a edición do festival local de teatro cun amplo abano de datas programadas. Do sábado 21 de setembro ate o 28 de febreiro o auditorio da casa da cultura acollerá un total de 20 obras de teatro de compañías galegas e do resto do estado. Podes consultar o programa completo na páxina web ou na APP “Outes Informa” así como obter máis información. Este ano estreamos un novo sistema para a reserva de entradas que inclúe varias novidades:

  • Creamos dous bonos teatro para que os amantes do Outono Teatral poidan gozar dunha reserva en todas as obras de teatro. Haberá a disposición da cidadanía os seguintes bonos:
    ◦ Bono Xeral: Reserva en 9 obras para adultos e de especial interese para todos os públicos.
    ◦ Bono Miúdo: Reserva en 6 obras pensadas para o público familiar e os máis cativos da casa.
  • Creamos un sistema de reserva telemática onde se poderán conseguir unha porcentaxe de entradas do auditorio dúas semanas antes de cada obra mantendo tamén a reserva presencial.
  • Mantense tamén a reserva de entradas presencial na Casa da Cultura en horario de oficina a partir do luns previo a cada obra.
    Os bonos Xerais e Miúdos poderánse obter a partires do luns 9 de setembro en horario de oficina da Casa da Cultura. Ambos bonos gozan dun 30% de desconto no prezo total de cada obra. O mesmo día sairán á disposición do público a primeira tanda de entradas a través do sistema telemático e o luns previo a cada obra estarán dispoñibles as entradas gardadas para a reserva presencial en oficina.
    Este sistema garante que os visitantes non empadroados no concello de Outes colaboren económicamente coa programación cultural do noso concello, axuda a mellorar e ampliar a oferta cultural, permítenos optar nun futuro a axudas da Xunta de Galicia xa que co sistema previo era imposible acceder e facilita a reserva para todos os grupos de idade a través das diferentes opcións que brinda á cidadanía. As persoas con carné xove, maiores de 65 anos ou en situación de paro tamén poderán dispor dun desconto específico.
    Este ano, ademais, Outes convértese no primeiro espazo galego en entrar no circuíto AUDACES que, xunto con ASSITEJ, permítenos dotar á xuventude outense de obradoiros de formación xunto con pases escolares exclusivos. Anímate a participar e vivir a cultura ao vivo de Outes! #enOutesCultura.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...