Porto do Son despide a tempada de verán coa Festa das Cores, este venres 6 na explanada portuaria

02 Setembro 2024

O vindeiro venres, 6 de setembro temos en Porto do Son unha cita para despedir o verán ao grande: a Festa das Cores, que se celebra na fachada marítima da vila sonense a partir das 19:00 horas. Será unha festa princpialmente orientada á rapazada, con diversas actividades de lecer e creativas para nenas e nenos, sobre todo no seu primeiro treito.

A partir das 22.00 horas comezará a música da man de diferentes picadiscos (Chocolate Disco Móbil) da nosa comarca e da xeografía galega, como Kike Varela Regueiro, Mateo Abelleira ou DJ Manutcho. O programa das Festa das Cores de Porto do Son complétase coa actuación estelar do grupo local Flow del Norte. Organizan o Club Náutico de Porto do Son e o Porto do Son Club de Fútbol, cola colaboración do Concello.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.