Outes acolle o 19 e o 20 de setembro a novena edición do proxecto europeo de sustentabilidade EuRebirth

16 Setembro 2024

Os vindeiros días 19 e 20 de setembro, o concello de Outes acollerá a novena edición do proxecto EURebirth, centrado na mellora da rexeneración urbana.

Este evento reunirá a expertos e participantes de toda Europa para intercambiar coñecementos sobre rexeneración urbana sostíbel e innovación cidadá.

O evento está aberto a todas as persoas interesadas e terá lugar na Casa da Cultura de Outes.

Para máis información, podemos consultar a páxina web do proxecto EuRebirth ou poñernos en contacto co Consistorio.

As actividades darán comezo o xoves 19 ás 10.30 horas cunha visita ao Proxecto Renatur de rexeneración urbana na beira do río Tins, na Serra. Ás 13.00 celebrarase unha actividade voluntaria de mellora ambiental a carón do dito río.

O venres 20 comezará cunha benvida a cargo do rexedor Manuel González, ás 10.00 horas, e proseguirá coa presentación (ás 10.10) do proxecto EURebirth a cargo de Francesco Marchionni, en representación da Comune de Capizzone. Ás 10.20 será a quenda das conferencias inspiradas e contarase coa presenza de Joám Evans (Fundación Montescola) e de Carmen Fabregat (USC), que presentarán o proxecto Renatur. Esta rolda de relatorios rematará cunha quenda de preguntas dos asistentes. Logo da pausa para o café celebrarase ás 11.30 un xogo participativo de experimentación e renacemento urbano (o xogo do proxecto EURebirth).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.