Os Fabulosos Cleaners recalan este domingo 29 na Casa da Cultura de Portosín

24 Setembro 2024

O I Ciclo Cultural Infantil Itinerante de Porto do Son, que avanzamos dende O Barbanza os días pasados, arrinca este 29 de setembro cunha divertida función para todos os públicos: Os Fabulosos Cleaners, en palabras dos seus creadores (Malasombra Producións) “unha experiencia visual para participar toda a familia”. A cita será domingo 29 ás 18.00 horas na Casa da Cultura de Portosín. Terá unha duración de 60 minutos e está recomendada para nenas e nenos de máis de tres anos.

A entrada é de balde e pode ser recollida previamente nas casas da cultura do Son e de Portosín. Ás 18.00 horas do día da función pecharanse as portas do auditorio. Organiza a Área de Cultura do Concello en colaboración coa Deputación da Coruña.

A parte técnica da función está dirixida polo autor alacantino Luis Beviá, que percorreu medio mundo co seu universo xabonoso (Londres, Hong-Kong, México, Colombia, Perú, Cuba, Grecia ou Islandia, entre outros).

A función xira arredor de dous operarios da limpeza do teatro que descobren por casualidade as posibilidades que lles ofrecen as súas ferramentas de traballo combinadas con auga e xabón. A partir de aí, os personaxes emprenderán unha excitante viaxe conducidos polas fantásticas pompas e burbullas.

Ficha da función

Actores: Xoque Carbajal e Jouse García

Autoría: Luis Beviá e Xoque Carbajal

Dirección: Marcos Orsi e Xoque Carbajal

Clasificada: Todos os públicos

Recomendada: A partir de 3 anos

Duración: 60 minutos

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...