Os centros sociais de Outes achegan até xaneiro dúas ducias de actividades creativas e saudábeis

06 Setembro 2024

O Concello de Outes presentou o programa de actividades de lecer e creativas que se impartirán en distintos centros sociais entre os meses de outubro e xaneiro, ambos incluídos. As inscricións serán a partir do 12 de setembro. A folla de inscrición pode descargarse da páxina web do Concello: www.outes.gal. A axenda de obradoiros pon o foco nas actividades saudábeis, deportivas e de enriquecemento persoal, como os talleres de bailoterapia, ioga, memoria ou ximnasia terapéutica. Tamén haberá obradoiros creativos, por exemplo os de cestería, vainica e bordado, gancho e corte e confección. Desenvolveranse nos centros sociais da Serra, de Pontenafonso, de Cando, de Vila do Monte, de San Lourenzo, de Cruceiro de Roo e de Sas Cosme.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.