O VIII Concurso Fotográfico de Micoloxía da Pobra premiará as mellores imaxes de cogomelos con 750 euros

30 Setembro 2024

A Concellaría do Medio Ambiente convoca o VIII Concurso Fotográfico de Micoloxía para “contribuír á divulgación do mundo dos fungos e á valorización e ó respecto polos recursos naturais e o medio ambiente”. Esta actividade enmárcase dentro das Xornadas Micolóxicas e convida a profesionais e seareiras/os da fotografía a inmortalizar os cogomelos en formato de instantánea.

O concelleiro do Medio Ambiente, Xosé Lois Piñeiro, e a técnica municipal desta área, Beatriz González, deron conta este 30 de setembro das normas deste certame, convocado ao abeiro dunha programación xa consolidada no calendario outonal municipal e como “unha ferramenta de divulgación micolóxica xunto co resto de propostas que se desvelarán en vindeiras datas”, en palabras do edil.

Repartiranse un total de 750 euros en premios baixo o formato de vales de compra que se poderán trocar no comercio local: un primeiro de 350 euros, un segundo de 250 euros e un terceiro de 150 euros.

Haberá un único prazo de inscrición, realización e entrega das fotografías que abrangue dende o 1 ao 27 de outubro, ás 23.59 horas. A inscrición e o envío das instantáneas será exclusivamente a través do correo electrónico apobra.micoloxia@gmail.com. Nesa mesma mensaxe, indicaranse o nome, os apelidos e o teléfono de contacto. Unha vez recibidos, remitirase a tarxeta de participación.

Admítense unicamente dúas obras por cada participante. Cada unha constará á súa vez de dúas réplicas: unha onde se vexa a tarxeta de participación, que servirá de control, e outra sen ela, para garantir o anonimato cara a avaliación por parte do xurado.

A resolución publicarase no Facebook do Medio Ambiente da Pobra do Caramiñal e na web municipal. As persoas gañadoras recibirán tamén aviso por vía telemática ou telefónica.

A consulta das bases completas pódese efectuar a través da páxina web municipal, apobra.gal.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.