O PSOE de Rianxo pide a aplicación do Plan Madruga no Colexio Brea Segade e máis criterios flexíbeis

05 Setembro 2024

O PSOE de Rianxo, a través do seu voceiro Óscar Rial, presentou unha proposta dirixida ao Goberno local na que manifesta a súa “profunda preocupación pola situación de falta de conciliación pola ausencia de Plan Madruga, derivada da non aplicación dos criterios flexíbeis, e que reclamaban as anpas do noso concello”. No comunicado os socialistas recoñecen “entender que a conciliación entre a vida laboral e familiar é un dereito fundamental para todas as familias e un deber das administracións públicas asegurar as condicións necesarias para que isto sexa posíbel”. Porén, din, a día de hoxe “non se teñen adoptado no Plan Madruga as medidas necesarias para a súa implementación no Colexio Brea Segade”.

Opinan que “esta falta de acción” está “a afectar as familias do noso municipio, que atopan enormes dificultades para compatibilizar as súas obrigas laborais e a atención aos seus fillos e fillas, e cando podían ver unha posibilidade de conciliación, a súa postura innegociábel leva a estas familias a estar sen este servizo”. Por estes motivos o PSOE solicita o seguinte ao Concello: a implementación inmediata do Plan Madruga no Colexio Brea Segade; a eliminación das ratios mínimas durante este primeiro ano de posta en marcha do plan; a creación de espazos accesíbeis, así como a previsión de formación para o persoal encargado de atender as posíbeis necesidades educativas dos nenos e nenas inscritos ou que poidan inscribirse no futuro; a flexibilización das inscricións, permitindo a opción de elixir días soltos; e a flexibilización dos pagos, permitindo tramos horarios que se adapten mellor ás necesidades das familias.

Esixen tamén ao grupo de Goberno que teña en consideración estes aspectos e “reconsidere a súa postura para favorecer a conciliación familiar no Colexio Brea Segade”.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...