O PP de Ribeira pide que sexa retirada a marquesiña do porto do Aguiño e a instalación dunha nova

10 Setembro 2024

O grupo do Partido Popular de Ribeira, a través da súa concelleira Juana M. Brión Santamaría, presentou para ser debatido no pleno da Corporación un rogo relativo á posibilidade do cambio da marquesiña no porto de Aguiño. Explican no seu comunicado que “como é sabido o porto está sendo remodelado, e os autobuses, tanto urbanos como en datas vindeiras os dos colexios, xa non fan parada onde o viñan facendo decote,, a carón do Bar Illa de Monteagudo, polo cal esa marquesiña agora está inutilizada como parada e dá lugar a erros na espera do transporte público, xa que os usuarios deben agardar onde agora os buses se deteñen (que é fronte á sede do Clube de Remo), a intemperie e sufrindo os usuarios do transporte público as inclemencias do tempo”.

A través deste rogo, o grupo reclama que “á maior brevidade, e para paliar esa necesidade, sexa retirada a antiga marquesiña e se instale unha nova, na nova parada para así evitar erros de espera os usuarios do transporte público”. Tamén reclama que “xa que onde agora os autobuses fan parada é nunha zona cunhas vistas excepcionais do porto, que a nova marquesiña sexa transparente para maior integración no entorno”. Amais, reclaman que “sexan revisadas as restantes marquesiñas das parroquias e se reparen as que teñan desperfectos, xa que algunhas delas incluso están sen os dous laterais”.

Sitio orientativo onde paran os autobuses agora

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.