O PP de Ribeira pide acondicionar o estacionamento externo do IES Leliadoura e repoñer a marquesiña do Centro de Saúde

27 Setembro 2024

O Partido Popular de Ribeira, a través da concelleira Juana Brión, presentou un rogo para ser debatido en pleno no que propón asfaltar o estacionamento exterior do IES Leliadoura e máis a recolocación da Marquesiña xunto o Centro de Saúde de Ribeira.

No relativo á primeira parte do rego, explican no seu rogo que “se ben sabemos que hai uns meses foi asfaltada a estrada que transcorre pola parte lateral e traseira do IES Leiliadoura en Frións, non sabemos, sen embargo, se foi por despiste que non se fixese o acondicionamento do aparcadoiro dianteiro exterior que presenta varias fochancas que non foron reparadas, unha necesidade que se podería ter emendado coas ditas obras”.

Na segunda parte do rogo instan á recolocación da marquesiña que estaba a carón do Centro de Saúde de Santa Uxía, e que foi retirada debido ao seu esnaquizamento por actos vandálicos, “xa que é utilizada, aparte de usuarios do transporte público, como parada de buses escolares, e a súa colocación evitaría que os usuarios non estean a intemperie como así nolo están a transmitir as familias”.

Por todo o devandito, pídese o seguinte:

-Que sexa mellorado o aparcadoiro exterior do IES Leliadoura, á maior brevidade “xa que non é dunha gran dimensión, que se asfalte de novo e pinten novamente a prazas de aparcamento, así evitaremos ter que parchear en breve”.

-Reinstalar a marquesiña que foi retirada no seu día xunto o Centro de Saúde de Ribeira para que os usuarios do transporte público poidan ter onde resgardarse das inclemencias do tempo.

    Outros artigos

    ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

    ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

    +

    Publicidade

    Revista en papel

    Opinión

    “Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

    “Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

    Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

    “Leire”. Xulio Xiz

    “Leire”. Xulio Xiz

    Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...