O Parque Vista Alegre centrará dúas novas accións de voluntariado ambiental na Serra de Outes

14 Setembro 2024

As intervencións terán lugar o sábado 21 e o domingo 29 de setembro, eliminando especies invasoras e retirando lixo do río Tins e o seu esteiro. A actividade está aberta a todos os públicos e forma parte do proxecto ReNatur_Outes

O proxecto de renaturalización do río Tins en Outes programou dúas novas accións de voluntariado ambiental para a segunda quincena de setembro, centrándose desta volta no Parque Vista Alegre, punto no que o río desemboca na ría de Noia formando o esteiro do Tins, xa en Rede Natura 2000. As convocatorias, marcadas para o sábado 21 e domingo 29 en horario de mañá, está abertas a todos os públicos. Para participar apenas é necesario enviar un email a info@montescola.org ata o día previo a cada actuación.

As accións teñen o dobre obxectivo de eliminar as especies exóticas invasoras presentes neste espazo protexido e continuar coa eliminación de especies exóticas invasoras. Arrincaranse manualmente exemplares de plantas invasoras como a tradescantia ou a crocosmia e descascaranse os exemplares de eucalipto, acacia e robinia para facilitar que sequen antes da corta e retirada destas árbores. Ademais, a intervención do domingo 29 encádrase na XVII Limpeza Simultánea de Ríos do Proxecto Ríos.

Liderado polo Concello de Outes, Renatur_Outes conta coa participación de investigadores das tres universidades públicas galegas, a Fundación Montescola e o CEER (Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia- Norte de Portugal) e o apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

No eixo do proxecto están a recuperación do bosque de ribeira, o control de especies exóticas invasoras, como as distintas especies de acacia presentes (Acacia dealbata e Acacia melanoxylon), a Tradescantia fluminensis ou as plantas do xénero Crocosmia, a limpeza de residuos da contorna fluvial, e a sensibilización ambiental mediante accións de voluntariado, formativas e divulgativas, fomentando a participación pública da cidadanía de Outes mediante sesións de gobernanza cidadá ao longo de toda a vida do proxecto. Desde xeito non só se pretende alcanzar unha recuperación e mellora da biodiversidade, mais xerar un compromiso social máis alá da propia vida do proxecto.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.