” O orfeón lucense, coa Catedral, o bispado de Lugo e a familia Castiñeira, convoca o Premio ” José Castiñeira” de humanidades

20 Setembro 2024

Concederase a persoas ou institucións que se distingan polo seu labor humanístico, nas artes ou nas letras, a prol da convivencia social e na mellora das relacións humanas, seguindo o exemplo de José Castiñeira

O Orfeón Lucense, en colaboración coa Diocese de Lugo, a Catedral Lucense e a familia de José Castiñeira Pardo, convoca a primeira edición do PREMIO DE HUMANIDADES JOSÉ CASTIÑEIRA, para honrar a persoas ou institucións que pola súa traxectoria, disposición e entrega, se distingan no seu labor humanitario, nas artes ou nas letras, a prol da convivencia social e da mellora das relacións humanas, seguindo o exemplo de traballo e entrega do musicólogo, crego e profesor do que leva o nome.

O premio, que se convocará anualmente, non ten dotación económica e consistirá nunha placa que deixe constancia do nomeamento, que será entregada nun acto público e solemne, no claustro da Catedral de Lugo, o último domingo do mes de outubro, inmediatamente despois da celebración relixiosa do cabodano do P. Castiñeira, e antes da ofrenda que tradicionalmente se celebra na súa honra.

O xurado que concederá o premio estará formado por representantes do Orfeón convocante – fundado por José Castiñeira Pardo – , da familia Castiñeira, da S.I.C.B e da Diocese de Lugo, podendo incorporar persoas de recoñecido prestixio da sociedade lucense e galega.

A este premio poden presentar propostas as asociacións culturais, entidades oficiais ou privadas, os particulares que o desexen e os mesmos membros do Xurado, con exposición razonada dos méritos de cada candidato/a, ao correo info@orfeonlucense.com, ou entregándoas persoalmente nas oficinas do Pazo Bispal de Lugo, ata o próximo 15 de outubro.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.