O conselleiro de Emprego visita o obradoiro de Fran Millán en Ribeira e destácao como modelo de “recuperación da nosa tradición carpinteira”

10 Setembro 2024

O conselleiro de Emprego e Comercio, José González, a delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, o alcalde de Ribeira, Luís Pérez Barral, o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitaron este martes 10 de setembro o obradoiro ribeirán Frouma Atlantic Wood, galardoado co Premio Artesanía de Galicia 2023.

Fran Millán no seu obradoiro de Ribeira

Durante a súa estadía no obradoiro situado no Polígono de Xarás, José González puxo en valor esta iniciativa liderada por Fran Millán, un dos novos talentos que forman parte da marca Artesanía de Galicia, e destacou o seu proxecto non só como “un paradigma da recuperación do oficio tradicional da carpintaría, senón tamén como un claro exemplo da remuda xeracional do sector”.

Lembrou que a proposta de Frouma céntrase no deseño e elaboración de móbeis utilitarios a partir da reciclaxe de madeira das bateas procedentes das rías galegas. Ademais, tamén están a incorporar o uso doutros materiais vinculados a Galicia, como as redes de pesca ou a lousa.

O titular de Emprego destacou, asemade, o papel que xoga o concepto da economía circular neste proxecto, “no que se lle dá unha nova vida a un material que xa non serve para o seu uso orixinal e se transforma, a base de deseño, tempo e oficio, nunha peza de autor, con alma e con historia”, remarcou. O conselleiro resaltou tamén que a excelencia do traballo de Frouma fíxoa merecedora do Premio Artesanía de Galicia 2023 coa obra Noray (un móbel auxiliar elaborado con madeira de batea recuperada tras 25 anos no mar e redes de pesca) e lembrou que o prazo de presentación de candidaturas para a nova edición dos Premios Artesanía de Galicia abrirá o vindeiro luns 16, destacando a importancia destes galardóns para “poñer en valor o tecido artesanal galego e recoñecer a mestría, a traxectoria e o talento dos seus profesionais”.

Premios Artesanía de Galicia 2024

A través destes galardóns, a Xunta quere “contribuír a divulgar os oficios artesanais, potenciar a creatividade, incentivar os novos talentos en Artesanía de Galicia, promover a remuda xeracional e apostar pola introdución da innovación e do deseño nos procesos de produción”. Coma en anteriores edicións, dividiranse en tres categorías: Premio Artesanía de Galicia, Premio Traxectoria e Premio Bolsa Eloy Gesto.

O Premio Artesanía de Galicia 2024, dotado con 9.000 euros, está dirixido a obradoiros artesáns inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia. Premiarase a obra que represente unha artesanía competitiva no mercado actual como son o deseño, a adaptación ou a conservación das técnicas e valores tradicionais máis característicos da nosa artesanía, a incorporación ás tendencias actuais, a innovación e a boa calidade.

Pola súa banda, o Premio Traxectoria 2024 é de carácter honorífico e será outorgado a proposta do propio sector. O obxectivo é recoñecer a traxectoria profesional consolidada dun profesional da artesanía galega, que estea ou estivera inscrito no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia e cunha actividade mínima e demostrable no sector de 20 anos.

Finalmente, os Premios Artesanía de Galicia fan especial fincapé na incorporación dos artesáns máis novos a través do apoio á súa formación especializada coa categoría Bolsas Eloy Gesto, que como novidade deste ano poderán premiar ata tres candidaturas e estarán dotadas de 4.000 euros cada unha para investir nun centro de formación de prestixio. Nesta categoría, a Xunta busca potenciar o relevo xeracional no sector, o acceso de novos talentos á artesanía e a súa profesionalización. Premiaranse a candidaturas que presenten unha proposta para a súa formación nun centro formativo ou nun obradoiro artesanal de referencia no eido da artesanía e do deseño.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto do 16 ao 27 de setembro de 2024.

Outros artigos

Sábado 12, con nubes e claros e temperaturas en ascenso

O sábado, día do Pilar e Festa Nacional de España, persistirá certa inestabilidade atmosférica .Con esta situación, agárdanse ceos con intervalos de nubes e claros, con algúns chuvascos, máis probables canto máis ó oeste e pola mañá. As temperaturas experimentarán un...

+

Nova imaxe institucional do Concello de Muros

O Concello de Muros presentou esta tarde a súa nova imaxe corporativa e institucional, unha nova marca que reflicte os elementos máis representativos do concello e o seu forte vínculo co mar.Nun acto para o tecido asociativo e o conxunto da veciñanza celebrado no...

+

Presentación do IV Open Corrubedo de Spinning Galicia

O vindeiro 26 de outubro teremos esta cuarta edición de pesca con cana organizada polo clubSpinning Galicia. Na presentación estiveron o segundo tenente de Alcalde, Francisco Suárez-Puerta, oconcelleiro de Deportes, Xabier Vidal, o concelleiro de Mar, Fernando...

+

Premios da Cultura Galega 2024

O xurado dos Premios da Cultura Galega 2024 reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Emerxencia social” – José Manuel Pena

“Emerxencia social” – José Manuel Pena

Segundo o último informe do Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) e os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE), entre os meses de abril e xuño do ano en curso, executáronse 5.874 desafiuzamentos por falta de pagamentos de alugueiro e uns 469 por execucións...

“El Teatro y los días”. Alberto Barciela

“El Teatro y los días”. Alberto Barciela

El teatro es espejo de la vida o de las costumbres, se aventura como oráculo, o arriesga incluso en vanguardias imprevisibles, en inverosímiles utopías, o no, con sencillez opta por  disimular angustias entre humoradas; por algo más de una hora actúa cual eficaz...