O Concello de Ribeira incorpórase á directiva do GALP Ría de Arousa

06 Setembro 2024

O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Ría de Arousa renovou recentemente a súa directiva. Este cambio supón a incorporación do Concello de Ribeira ao equipo responsábel desta asociación a través da Concellería de Mar. Para o seu titular, o edil Fernando Abraldes, esta novidade supón “reafirmar o noso compromiso co sector pesqueiro e, en consecuencia, coa sociedade no seu conxunto, pois o rango de acción desta entidade abrangue moitas localidades costeiras”.

O concelleiro Fernando Abraldes nunha imaxe de arquivo

O fomento do crecemento económico, a inclusión social, a creación de emprego, o apoio á empregabilidade ou a diversificación das actividades pesqueiras e acuícolas son algúns dos principais obxectivos do GALP Ría de Arousa, onde o ámbito público e privado converxen para a implantación dunha estratexia común orientada cara o desenvolvemento local, o aumento do valor engadido dos produtos pesqueiros, e a preservación e posta en valor do patrimonio costeiro.

“Traballaremos arreo a prol do mar e da súa xente. Cremos que o noso litoral non é só pasado e presente; tamén é garantía de futuro. Profesionalización, diversificación da actividade pesqueira, mellora da competitividade do sector e innovación son algúns dos elementos clave que nos levarán a ese horizonte que temos marcado. E, Ribeira, como o principal porto de baixura de toda Europa, pode aportar moito ao respecto”, relatou o concelleiro do Mar.

Abraldes explicou que “a ría de Arousa ten moito potencial aínda por descubrir. Ten unha gran riqueza de recursos pesqueiros e marisqueiros e son moitas as empresas da cadea mar-industria asentadas no noso territorio, pero, como xa se constatou ao longo de todos estes anos que leva en funcionamento o GALP, sempre ten novas oportunidades que ofrecer. E estas pódense explorar de xeito sostíbel”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.