O Concello de Ribeira felicita a Tomás Estévez, centenario de Castiñeiras

10 Setembro 2024

Novamente (en menos dunha semana) membros do Goberno local de Ribeira visitaron e felicitaron a un veciño centenario do concello para darlle os parabéns pola súa lonxevidade e por conceder ao concello e á súa xente o privilexio e a sorte de telo entre nós. Desta volta, o Concello visitou este martes 10 de setembro a Tomás Estévez, veciño de Castiñeiras, que está a celebrar os seus 101 anos de vida.

O rexedor Luís Pérez e o tenente de alcalde, Vicente Mariño desprazáronse a Castiñeiras, a preto da praia dos Mosqueiros, para coñecer e falar con Tomás Estévez de 101 anos; como aconteceu a semana pasada co centenario de Aguiño, Fernández Gude, home de mar, con pouco oído, pero cunha memoria abraiante.

Sorprendido pola visita e pola xuventude do rexedor, Tomás mostrou os seus comezos no mar vogando nunha dorna ata chegar a Cíes, ou a Muros: “Eran tempos de navegación de cabotaxe, marcas, vento e forza bruta”, comentou, ao tempo que falaba dos tempos en que Aguiño “eran dúas casas”, dunha Ribeira sen coches e con dous cinemas onde aínda se proxectaba o cinema sen son: “Eu ía ao do Filipino porque poñían mellores películas que no de Moraña”.

Lembrou tamén os chiquitos na do Xordo (antigo Bare Nostrum na praza de Vigo), os veráns na antiga Sala de Festas Cambeiro onde facían o baile na horta, e da feira no tamén desaparecido Campo do Fraile, actual praza do Concello. Tamén recordou os tempos lóbregos da fame que se pasou na posguerra, “malos tempos onde a xente pasou moitas necesidades”.

Tomás rememorou os seus tempos no mar de altura, no Gran Sol, nun petroleiro da multinacional Maersk até finalmente xubilarse. Respecto dos seus días actuais, recoñeceu ser un home activo, e de feito un par de veces
ao mes fai una excursión polos portos da ría facendo una especie de auditoría co maior espírito crítico coma se fose un visionario.

Barral e Mariño quixeron darlle un pequeno agasallo, una dorna a vela en cerámica que homenaxea o traballo ao longo da súa vida, o seu aniversario e o seu espírito de lobo de mar.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...