O Concello de Ribeira fai un chamamento á cidadanía para que colabore na recollida de voces do Proxecto Nós, este xoves 3

30 Setembro 2024

O Concello de Ribeira presentou esta mañá os detalles da xornada de captación de voces en lingua galega que se vai celebrar este xoves 3 na Aula CeMIT de Santa Uxía, xornada promovida pola USC e a Secretaría Xeral da Lingua da Xunta no marco do Proxecto Nós para integrar o galego nos máis destacados avances da Intelixencia Artificial. Na cita participaron a concelleira de Cultura, Antía Alberte, o concelleiro de Sanidade, Juan Luis Furones e a técnica de Normalización Lingüística, Alicia Padín.


A recollida de voces realizarase na aula de informática (Aula CEMIT) situada en Cubelliños en horario de 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 20:00 h. Para participar na gravación o Proxecto Nós só precisa de 15 minutiños de cadaquén pola mañá ou tarde do xoves 3 de outubro.

Todas as persoas que participen recibirán un libro e un caderno de agasallo.

Tamén será posíbel participar en grupo desde unha asociación ou centro de ensino, para o que será preciso poñerse en contacto co Servizo de Normalización Lingüística (normalizacion@ribeira.gal) e indicar o número de persoas e horario previsto, para evitar agardas.

O Proxecto Nós é un proxecto impulsado pola Universidade de Santiago de Compostela e a Secretaría Xeral da Lingua, Xunta de Galicia, que busca que todo tipo de dispositivos electrónicos poidan “entender” e “falar” a lingua galega e que calquera galego ou galega poida empregar con total normalidade a súa lingua, por exemplo, cando lle dá unha orde ao GPS do coche, cando fala cun asistente de voz -como Siri ou Alexa-, cando se xeran subtítulos de contidos audiovisuais de forma automática, cando lle quere ditar ao seu procesador de texto, cando pide unha cita no médico ou quere facer unha xestión no banco.

Para conseguilo é preciso facerse previamente cunha gran cantidade de texto e audio en lingua galega que permita un axeitado adestramento dos algoritmos do sistema. Para iso, o Proxecto Nós está a empregar dúas vías fundamentalmente: unha a través de captación de voces en liña e outra trasladándose fisicamente a diferentes concellos galegos, como é o caso de Ribeira o vindeiro 3 de outubro, para recoller a voz da veciñanza que desexe colaborar co proxecto en horario de 10:00 h a 14:00 e de 16:00 a 20:00 h.

Podes atopar toda a información relativa a esta campaña en www.doagalego.nos.gal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.