O Concello de Rianxo, a través da Concellería de Política Social, organiza un novo programa de saídas ás Termas de Cuntis nos meses de outubro, novembro, decembro e xaneiro destinadas a persoas maiores de 50 anos empadroadas no noso municipio. O programa inclúe un total de catro excursións que terán un custe de 80€ persoa, que inclúen a entrada ás termas os catro días, así como o desprazamento en autobús dende Rianxo.
Este luns 2 de setembro o Concello abre o prazo de inscricións que se poden formalizar no Liceo Marítimo de Rianxo de luns a venres en horario de 10:00 a 13:00 horas ou a través dos seguintes teléfonos: 881 862 225 e 881 987 471.




