O Concello de Boiro saca a licitación a instalación de sistemas de seguridade e vixilancia en Espiñeira

12 Setembro 2024

O Concello de Boiro sacou a licitación por un importe de 62.171,31 euros o proxecto de instalación de sistemas de seguridade e vixilancia no Polígono Industrial de Espiñeira.

Dende o Consistorio explican que estas actuacións contan co financiamento da Consellería de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia a través das axudas encamiñadas á habilitación e mellora de infraestruturas nos parques empresariais.

A actuación que se pretende levar a cabo consiste na instalación dun sistema de seguridade e vixilancia que dea abranguido a todas as empresas situadas no complexo empresarial co obxectivo de “previr roubos, vandalismo ou danos nas propiedades”.

O Concello engade que “aínda que xa se conta cun sistema de seguridade e vixilancia, o que se pretende é a substitución de aquelas cámaras máis antigas e a instalación de novas en zonas determinadas de acceso ou aparcamentos públicos”.

O Parque Empresarial de Espiñeira comezou a súa andaina no ano 1998 coa primeira fase e no ano 2009 coa segunda, alcanzando unha superficie duns 324.500 metros cadrados e mais do 80% das parcelas ocupadas cunhas 50 empresas e que cada vez ten un maior volume de traballo polo que, a instalación de sistemas de vixilancia, “vai contribuír a crear un entorno máis seguro”, engadiron dende o Consistorio.

As empresas interesadas en presentar as súas ofertas poden facelo a través da Plataforma de Contratos do Sector Público ata o 26 de setembro.

Outros artigos

A Deputación e a AECC crean unha Rede de Concellos Contra o Cancro

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o presidente da Xunta Provincial da Asociación Española Contra o Cancro, Javier Álvarez Barbeito, asinaron un convenio de colaboración para impulsar a Rede de Concellos Contra o Cancro da provincia da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

Francia convive cada cierto tiempo con pequeñas revoluciones o estallidos sociales que,aunque comparten escenarios, responden a causas diferentes. Recuerden la revoluciónde Mayo 68 de la que Daniel Cohn-Bendit, uno de sus líderes, dice que entonces losjóvenes eran...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.