O Concello de Boiro, a través da Concellería de Ensino, promove un novo curso dos Intercambios Lingüísticos para a anualidade 2024-2025. A presentación desta iniciativa celebrarase o vindeiro 7 e outubro ás 17.00 horas na Casa da Cultura de Boiro. Segundo adiantou o Concello, o obxectivo desta iniciativa é “facer uns grupos de debate en distintas linguas e así poder compartir o idioma e a cultura dos distintos países en función das persoas participantes”. O grupo reunirase os luns en horario de tarde.
A proposta xurdiu dos equipos de normalización e dinamización lingüística de centros educativos e de estudantes de Erasmus que buscan aprender galego e español ademais de compartir a súa lingua con aqueles que desexan reforzar, practicar ou aprender outros idiomas. “Fixemos por primeira vez esta iniciativa no curso pasado e funcionou moi ben, polo que queremos repetila este ano”, afirmou a concelleira Carmen Silva.
Máis información e inscricións na Casa da Cultura de Boiro ou no teléfono 981 84 84 25.




