O Centro Dramático Galego convida ao público de Ribeira a asistir á súa nova función en Santiago

19 Setembro 2024

O Plan de Mobilidade do Centro Dramático Galego, no marco das actividades do 40 aniversario do CDG, convidou de novo ao público de Ribeira a ir a Santiago a unha das súas máis recentes funcións: o espectáculo Terceiro acto. Será o vindeiro sábado 5 de outubro e as persoas interesadas xa poden formalizar a súa reserva.

Sinopse

Unha troupe de actrices e actores veteranos reúnese clandestinamente pola noite para emprenderen a que quizais sexa a súa última aventura xuntos. Nesta noite revivirán o que non volverá para entender, para modificar, para se reconciliaren co que xa non está, ao tempo que reflexionan sobre o terceiro acto das súas vidas. Xuntos, analizarán o seu legado e proxectaranse tamén no futuro incerto para falar sobre a vellez, a morte, os seus anhelos e desexos para esta nova etapa da vida. Terceiro acto é unha peza á vez cómica, sombría e fermosa. Un poema escénico sobre a memoria e os soños; un exorcismo, unha celebración da vida e do teatro.

Terceiro acto. CDG

Prezo da entrada e o autobús: 5 € por persoa

Data: 5 de outubro, sábado

Hora de saída desde Ribeira: 16.00 h

Lugar da representación: Salón Teatro de Santiago

Reservas: no teléfono 981835650 (de luns a venres de 9 a 14 h) e no correo normalizacion@ribeira.gal

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.