O BNG acusa o Goberno da Xunta e do Estado de “abandonar a frota do cerco e artesanal”

22 Setembro 2024

A portavoz de Pesca do BNG, a pobrense Rosana Pérez, acusou aos gobernos da Xunta e do Estado de “abandonar a frota do cerco e  artesanal diante da dramática situación que vive e cun numero importante de barcos amarrados a porto a estas alturas do ano como consecuencia das raquíticas cotas en especies como a sardiña, o xurelo ou a xarda”, sinalou, engadindo que a xestión do Ministerio e da Consellería do Mar foi “nefasta neste eido”, entidades ás que acusa de “non intentar cambiar un sistema de cotas “perverso que o Goberno (do Estado) promove e consinte”. Amais, Rosana Pérez fixo un chamamento ás dúas administracións, que levan décadas aplicando políticas que “permiten e promoven a paulatina desaparición da frota galega”.

Engadiu que “tralos brutais recortes do xurelo do Cantábrico e Noroeste (do 95% no 2023) e o descenso nas capturas da xarda, e coa campaña do bocarte xa pechada, a dependencia que a frota galega ten da sardiña é moito maior tanto no caso do cerco como das artes menores”; de aí que a deputada nacionalista emprace ao Executivo de Rueda “a despregar todas as accións precisas para evitar que continúe o amarre da frota, tendo en conta que a cota da sardiña xa se esgotou en agosto”.

A deputada da comarca do Barbanza, que levará  este asunto ao pleno desta semana, salientou o “especialmente inxusto que resulta para a pesca do país o reparto da cota desta especie”. Este ano, explicou, “Asturias, Cantabria, Euskadi e Galiza, que suman máis de 200 barcos cerqueiros -150 deles galegos- dispoñían dunha cota de 8.130 toneladas de sardiña, mentres que ao Golfo de Cádiz, con 76 barcos, outorgáronselle 6.340 Tn”. Ao seu xuízo, de “querer seguir pescando sardiña, os barcos galegos do cerco teñen, necesariamente, que mercar cota aos armadores do Golfo de Cádiz que, a diferenza de Galiza ou de Euskadi, xestionan de xeito individual e poden transferila -na práctica, vendela- a outras frotas, o que abre a porta á especulación dun ben público por parte de particulares”, asegura a deputada na iniciativa rexistrada no Parlamento”.

 

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...