O 12 de outubro celébrase a XIX Carreira Pedestre de Lestrobe

16 Setembro 2024

O vindeiro 12 de outubro o Concello de Dodro organiza a XIX Carreira Pedestre de Lestrobe.

Segundo fixo saber o Concello, as persoas participantes das categorías de base terán distintos circuítos en función da súa idade. As categorías absolutas disputarán un percorrido de 10 quilómetros.

A novidade de esta edición será unha proba de 5 quilómetros tamén para as categorías absolutas.

Xa está aberto o prazo de inscrición. As persoas interesadas poden formalizala na páxina web das Carreiras Galegas con data límite o martes 8 de outubro de 2024 ás 23.59 h.

O sábado 12 de outubro darán comezo as actividades a partir das 11.00 h dende a rúa Fortunato Cruces (Lestrobe) baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces da FGA (Delegación de Santiago).

Esta carreira é unha proba oficial da FGA e pertence ó X Circuíto Provincial de Carreiras Populares organizado pola Deputación da Coruña.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.