Morre aos 78 anos Javier Sánchez de Dios, analista político en Faro de Vigo

03 Setembro 2024

Javier Sánchez de Dios, analista político no decano Faro de Vigo, xornal do que foi subdirector e onde publicou o seu último artigo, ‘A desvergoña’, o pasado 31 de agosto, faleceu este martes aos 78 anos, segundo informou o seu círculo íntimo.

O comentarista escribiu columnas nas páxinas dese diario durante máis de medio século, a última dedicada ao ministro de Transportes, Óscar Puente, peza que lle serviu para cumprir o seu desexo de manterse en activo ata o final da súa existencia.

De Dios pasou tamén pola CRTVG, Ser, Cope, Radio Líder, Xornal Diario e foi director de Comunicación na Xunta.

Recibiu moitos premios, entre outros, o “Galicia de Comunicación” e o “José Luis Alvite”, da Asociación de Xornalistas de Galicia, unha designación esta última que asumiu “coa emoción dun veterano que espera seguir na brecha ata que Deus o queira”.

Outros artigos

A xornalista Nieves Concostrina estará este mércores no Liceo de Noia

Este mércores 30 de setembro, a xornalista e escritora Nieves Concostrina estará no Liceo de Noia para conservar sobre a súa obra, os seus libros e a súa traxectoria na radio. Estará acompañada polo alcalde, Francisco Pérez Caamaño, e por José M. Romarís. A conversa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.