Máis de 150 persoas desfrutaron do XVI Certame de Bandas de Música Populares do Concello de Lousame

02 Setembro 2024

Algo máis de 150 persoas déronse cita na tarde de onte domingo no campo da festa de San Roquiño (Tállara, Lousame) para desfrutaren da tradicional homenaxe a Prudencio Romo, “unha institución da música galega e a figura máis senlleira e relevante da nosa banda de música”, apuntou a concelleira de Cultura, Silvia Agrafojo, durante a apertura do Certame de Bandas de Músicas Populares.

“Prudencio deixou un legado xeneroso en forma de composicións e na formación de moitos músicos. Un traballo que quedará para sempre con nós”, lembrou a concelleira lousamiá, quen tamén agradeceu o traballo da Asociación Cultural Prudencio Romo, así como á familia do músico e a todas as veciñas e veciñas que colaboraron ou asistiron a este evento. Unha actividade á que tamén asistiron a concelleira de Deportes, Mariel Agrafojo; e o concelleiro de Obras, Ramón Martínez.

A décimo sexta edición do Certame de Bandas de Músicas Populares reuniu este ano á Banda de Música Municipal de Padrón e á Banda de Música de Lousame, que durante un par de horas encheron de música o campo da festa de San Roquiño. Como adoita ser habitual, a banda convidada interpretou un repertorio máis serio, con pezas como La leyenda del beso ou Sinfonía Romaría, mentres que a banda local optou por bandas sonoras, como O príncipe de Exipto ou Como adestrar ou teu dragón, e compilacións de grupos como Coldplay.

O Certame de Bandas de Músicas Populares de Lousame está organizado pola Asociación Cultural Prudencio Romo, en colaboración co Concello de Lousame e a Deputación da Coruña.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...