O luns agardando a chegada dunha fronte pola noite. Teremos unha xornada de ceos parcialmente nubrados, máis nubes en puntos do norte, sen descartar algunha chuvia feble e ocasional nas comarcas do litoral noroeste. Ceos pouco nubrados pola tarde na provincia de Ourense e na metade sur de Lugo. As temperaturas sen grandes cambios. O vento soprará frouxo de compoñente oeste.

Prognóstico para dez días:

O noso mar: Vento variable á mañá, do oeste á tarde e do sur á noite, forza 1 a 2 á mañá e 2 a 3 á tarde e á noite. Mar rizado á mañá e mar ovellado á tarde e á noite. Visibilidade regular. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1 metros.
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)
- Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
- Praia de Balieiros directo- Corrubedo
- Praia da Ladeira directo- Corrubedo
- Praia das Furnas directo. Porto do Son
- Praia Aguieira directo.Porto do Son
- Portosín. Porto do Son
- Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
- Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
- Centro Náutico do Freixo
- Praia de Carnota
- Praia de Corón Vilanova de Arousa
- O Grove



