Localizan o corpo sen vida dun home nunha canteira próxima á súa vivenda en Santiago

03 Setembro 2024

As forzas da orde investigan as circunstancias do suceso.

O 112 Galicia tivo constancia destes feitos ás 20 horas da tarde do luns, a través dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061: acababan de localizar o corpo dun home nunha canteira situada na parroquia da Peregrina, en Santiago.

Rapidamente, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias informouse aos axentes da Policía Nacional e Local e aos membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil compostelá.

Cando chegaron ao punto, os servizos sanitarios só puideron confirmar o falecemento do implicado, que faltaba da súa casa desde o mediodía, tal e como informou un familiar ao 112 Galicia durante a tarde.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...