Lingua e deporte danse a man en Santiago no Torneo 3×3 do Festival Go! Go! Zo!

06 Setembro 2024

Santiago acolleu este venres 6 de setembro a presentación do Torneo 3×3, impulsado no marco do Festival Go! Go! Zo! e pola Federación Galega de Baloncesto, co apoio da Secretaría Xeral da Lingua e da Axencia de Turismo de Galicia. O secretario da Lingua, Valentín García, participou destacando “o valor desta atractiva e innovadora iniciativa”que conxuga lingua, deporte, mocidade e tempo de lecer a través de diferentes propostas”. Entre elas, tal e como sinalou, “están as que se inclúen dentro da programacion do CulturON da man de FalaRedes, a iniciativa da Xunta para promover e dinamizar o uso do galego”. García animou a cidadanía, nomeadamente, ás familias con cativada, a achegarse ao monte do Gozo durante a fin de semana.

O campionato terá lugar este sábado 7 e domingo 8 de setembro a partir das 9,00 horas no monte do Gozo e estenderase ata a noite.

Á xornada sumaranse actividades para toda a familia con sesións DJ, Espazo FalaRedes, o Partido das Estrelas, inchábeis, concurso de triplas e sorteos. Deste xeito, o festival Go! Go! Zo! incorpora unha das novidades desta cuarta edición, o Torneo 3×3 da man da Federación Galega de Baloncesto, na que participarán preto de 300 persoas.

De xeito paralelo ao campionato, a Pista 3×3 acollerá o Partido das Estrelas e un concurso de triplas e de habilidades. Ademais, a cativada poderá gozar tamén en espazos, como o escenario Xacobeo, con sesións DJ de música, no da Federación para resolver calquera dúbida co torneo, ou no Espazo FalaRedes, con animación, inchábeis e os concertos Cantigaéverso, sábado 7 ás 11,45 horas, e María Faltri Picadiscos, domingo 8 ás 12,45 horas.

Temos toda a información en www.gogozo.gal, e o regulamento e horarios do torneo en www.fegaba.com, así como nas súas redes sociais (@gogozofestival e @fegababaloncesto).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...