José López visita en Pontevedra a rodaxe de Antes de Nós, filme que se centra na vida de Castelao

17 Setembro 2024

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, visitou en Pontevedra o equipo da rodaxe de Antes de Nós, a nova película da directora Ángeles Huerta, arredor da figura do intelectual, debuxante, escritor e político rianxeiro Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.

O selo Zenit TV encabeza esta produción, que se filma durante este mes nunha decena de concellos galegos e conta cunha subvención de 280.000 euros por parte da Xunta de Galicia.

López Campos tivo a oportunidade de asistir á gravación dalgunhas escenas do filme e de felicitar tanto á súa produtora executiva, Zaza Ceballos, quen foi recoñecida este mesmo ano cunha das Medallas de Ouro de Galicia, como ao resto do equipo polo avance deste novo proxecto do audiovisual galego. Subliñou, ademais, que con este título, Zenit TV continúa na senda de poñer en valor grandes referentes da nosa historia como xa fixera no caso de Juana de Vega, Concepción Arenal ou Emilia Pardo Bazán.

A nova longametraxe de Ángeles Huerta, directora de O corpo aberto ou Esquece Monelos, céntrase en dous momentos pouco coñecidos “pero claves” tanto na vida persoal de Castelao como na xestación da súa figura simbólica para Galicia. A partir do guión de Pepe Coira, nárrase o seu exercicio como médico en Rianxo durante a gran gripe de 1918 e a viaxe que realizou a Bretaña en 1929, acompañado pola súa muller, Virxinia Pereira, tras a perda do seu único fillo aos 14 anos de idade. Así, afondarase nas emocións e nas circunstancias vitais de Castelao antes de se converter no referente histórico que coñecemos na actualidade.

Reparto galego

Xoán Fórneas, no papel do intelectual rianxeiro, e Cris Iglesias, no da súa dona, encabezan o reparto galego de Antes de Nós, do que tamén forman parte Nancho Novo, Xoel Fernández, Miquel Insua, Sergio Zearreta, Isabel Vallejo ou Adrián Ríos.

Ademais de Pontevedra e Rianxo, lugares escollidos pola relevancia na vida de Castelao, a rodaxe estase a levar a cabo noutras localizacións de Santiago de Compostela, Muros, Fisterra, Catoira, A Estrada, Silleda ou Negreira, onde se reproducen os escenarios nos que viviu o protagonista.

Zenit TV produce Antes de Nós con Retrincos AIE que, ademais de coa financiación da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a través das axudas á produción e coprodución de proxectos audiovisuais galegos, conta tamén coa participación da Televisión de Galicia. A súa chegada ás salas de cinema está prevista para 2025.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.