Galiza Nova Barbanza rexistra 2.000 sinaturas para reclamar un servizo de transporte para a mocidade da comarca

15 Setembro 2024

Membros de Galiza Nova na Comarca do Barbanza, xunto con outros do BNG, rexistraron hoxe as case dúas mil sinaturas recollidas dende o domingo 11 de agosto a través da campaña “Queremos mobilidade para a nosa mocidade”. Estiveron acompañados dos deputados do BNG na cámara Rosana Pérez e Paulo Ríos, así como da Secretaria Xeral de Galiza Nova, Marta Gómez.
“Con esta campaña de recollida de sinaturas percorremos os concellos de Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro e Rianxo para esixirlle a Monbus e á Xunta a posta en marcha, así como tamén a súa inclusión na vindeira licitación do servizo, dunha liña de bus que conecte a nosa comarca coa estación de ferrocarril de Catoira” sinalaron os membros de Galiza Nova.
A proposta da organización xuvenil do BNG consiste na creación dunha liña de reforzo nas fins de semana, facendo o percorrido Catoira – Ribeira os venres, con saída ás 19:45 e ás 22:00, e o percorrido Ribeira – Catoira os domingos, con saídas ás 15:30 e ás 18:30. Deste xeito a mocidade da comarca podería ir e volver as fines de semana aos seus lugares de estudo “sen depender de ninguén”.
A proposta das mozas inclúe paradas en Ribeira (Estación de Autobuses), A Pobra do Caramiñal (Estación de Autobuses), Boiro (Praza do Concello) e Rianxo (Parada Setefogas) até Catoira (Estación de Ferrocarril). “Incidimos en que é unha proposta para dar inicio a unha liña de bus inexistente agora mesmo, atendendo a unha necesidade que vemos que ten a mocidade da nosa comarca” sinalan dende a organización.
No día de hoxe, tras case un mes recollendo, rexistraron no Parlamento de Galiza ás preto de 2000 sinaturas recollidas durante a campaña. Fixérono acompañados de Paulo Ríos e Rosana Pérez, deputados do BNG na cámara, que xa avanzaron que rexistrarán unha iniciativa para poder levar a proposta a debate no Parlamento Galego.
Ademais, as mozas e mozos de Galiza Nova Barbanza tamén rexistrarán mocións nos catro concellos da comarca para incidir na presión institucional e irán avanzando outras accións e actividades no marco desta campaña.
Ademais da denuncia, dende a organización xuvenil do BNG tamén agradecen á veciñanza da comarca o apoio recibido nestas semanas. “Queremos agradecer aos centos de veciñas e veciños que se achegaron ás diversas mesas para apoiar este proxecto e que avogan por un país e un Barbanza máis e mellor conectado. Nós só queremos movernos con autonomía e total liberdade polo país e dispoñer dun transporte público, sostible e de calidade, agardamos que o Partido Popular non faga coma sempre e atenda ás nosas demandas” sentenciaron.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.