Galitoon leva a Noia o seu espectáculo familiar “Facendo o indio” (no Noela este sábado)

18 Setembro 2024

O espectáculo infantil e familiar Facendo o Indio, da compañía Galitoon, chegará a Noia este sábado 21 de setembro. A función dará comezo ás 19:00 horas no Coliseo Noela.

Trátase dunha peza para crianzas maiores de 4 anos, dunha hora de duración, que a través dunha serie de divertidos ingredientes (música, teatro xestual, interacción directa co público) mergúllanos nas tradicións e na forma de vida ancestral dos indios americanos e dos seus coñecementos adquiridos tras xeracións. As entradas xa están á venda en ATaquilla.com e o día da función no portelo do teatro de 17:45 a 18:45.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.